A deputada de AGE Eva Solla denunciou o que o grupo parlamenmtar considera “un novo caso de porta xiratoria” no novo Hospital de Vigo e que parte da cesión do contrato de supervisión da calidade a un ex-alto cargo do Partido Popular que tivo responsabilidades no goberno da Comunidade de Madrid canda Juan José Güemes, ex-conselleiro de Sanidade.
AGE sostén que a adxudicación fíxoa a empresa pública Galaria a prol de Efficientia Clinical S.L, que se constituíu, aseguran, cun capital de 3.000 euros hai catro meses a propósito para ese contrato. Esta empresa, afirma Solla, ten a súa sede na morada da ex-viceconselleira de Sanidade da Comunidade de Madrid e vai obter pola adxudicación 4 millóns de euros.
Alternativa Galega de Esquerdas anuncia que avaliará a posibilidade de, canda outros grupos parlamentares, pedir unha comisión de investigación sobre este tema.