A AEMT e a Xunta activan alerta vermella na costa galega diante da chegada da borrasca “Herminia”
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) decretou alerta vermella para este domingo diante da chegada da borrasca “Herminia” a Galiza. O aviso determina perigo extremo por forte ondada producida por ventos que poderían chegar a ser mesmo tempestuosos o domingo e na segunda feira.
A AEMT concreta a alerta vermella para a faixa de litoral situada entre a comarca da Costa da Morte e a comarca de Ortegal, até seu límite coa Mariña, situando o resto da costa galega baixo alerta laranxa.
As redes sociais da Aemet realizaron un chamado para que os cidadáns eviten achegarse á costa da Galiza, onde as ondas poden alcanzar os 10 metros e solicitan que se preste atención tamén ás intensas precipitacións e aos fortes ventos.
O comunicado da Axencia Estatal de Meteoroloxía indica que “a borrasca ‘Herminia provocará ondas de 8 a 10 metros no litoral da Galiza o domingo”. Neste sentido, a alerta vermella está fixada desde as 18 horas do domingo até medianoite.
“Perigo extremo!”, continúa o aviso da AEMT, quen reclama á poboación que “evite achegarche á costa!. Aviso tamén o domingo por choivas intensas na Galiza e os ventos fortes en amplas zonas da Península”.
O resto do litoral galego estará suxeito na xornada do domingo 26 a unha alerta laranxa, segundo o chamado da AEMT, que sitúa sobre risco amarelo as comarcas interiores de Lugo e Ourense.
Xunta da Galiza
A Xunta activou, tamén, alerta vermella por temporal costeiro na madrugada do domingo no litoral da Coruña, mentres que na mañá estarán activas ademais a alerta laranxa por fenómenos adversos costeiros no resto da costa galega.