Adiado até marzo de 2017 o xuízo aos 'Doce da Yago'

Imaxe: Nós TV

Unha concentración ás portas do Xulgado amosou a súa solidariedade para coas persoas encausadas e que se enfrontan a penas de entre 1,5 e 4,5 anos de prisión.

O xuízo contra 12 persoas acusados de okupar en 2011 a compostelán Sala Yago suspendeuse por mor da renuncia dunha das avogadas que representaba varios acusados ao non estar conforme coa liña de defensa, segundo informan desde Europa Press. O xuízo quedou fixado para o 13 de marzo de 2017, ás 9,30 horas. A Fiscalía pide para as acusadas penas que van de ano e medio (para 10 acusados) a catro anos e medio de prisión (2 deles). Ás portas do Xulgado decorreu unha concentración de apoio os procesados, acto no que estiveron presentes Rubén Cela (BNG) e Eva Solla (En Marea).