O incendio forestal que afecta o municipio de Rubiá, na comarca de Valdeorras, permanece activo máis estabilizado feira despois de arrasar 200 hectáreas, segundo o último balance actualizado pola Consellaría de medio Rural.
Á extinción do lume, intensa durante toda a noite, sumáronse nas últimas horas catro axentes, once brigadas, tres motobombas, tres pas e medios aéreos, tanto da Xunta como do Goberno do Estado.
Risco alto de incendio
Doutra banda a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) confirma risco alto de incendio nas comarcas do interior de Lugo e Ourense debido ás altas temperaturas provocadas pola primeira onda de calor do ano.
En particular, AEMET sitúa as comarcas do sur de Ourense no nivel máximo e o resto do territorio en nivel alto ou moi alto. A alerta por calor afecta a boa parte do Estado. Na Galiza, MetoGalicia prognostica, hoxe e mañá, temperaturas superiores aos 35 graos no interior.