Activo un incendio forestal en Meaño que afecta un mínimo de 40 hectáreas
O lume iniciouse ás 00.11 horas na parroquia de Xil.
A Consellaría do Medio Rural informou dun incendio activo no municipio de Meaño (O Salnés) que afecta unha superficie dun mínimo de 40 hectáreas.
Segundo trasladou o departamento autonómico, o lume iniciouse ás 00.11 horas na parroquia de Xil e permanece activo a esta hora.
Para os labores de extinción, Medio Rural mobilizou cinco axentes, seis brigadas, 10 motobombas, tres pas e catro unidades técnicas de apoio.
A Xunta lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal.
Existe tamén un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.