Nova publicación sobre lugares e patrimonio

A Academia recupera topónimos esquecidos do Camiño de Santiago

A RAG presenta un libro sobre a toponimia no Camiño Xacobeo.. (Foto: Arxina).

A Real Academia Galega (RAG) recolle nun novo volume do Seminario de Onomástica case 30 traballos sobre os nomes de lugar das rutas xacobeas de investigadores de diversas universidades europeas. 

Os camiños de Santiago, de Europa a Galicia. Lugares, nomes e patrimonio reúne as reflexións expostas no congreso internacional co mesmo título que a institución organizou o pasado mes de setembro en Santiago de Compostela. 

As contribucións compiladas no volume amosan que, en xeral, hai poucos topónimos específicos xacobeos, entre os que poden citarse, cun criterio amplo, Francos, Peregrinos, Romeu, Milladoiro, Hospital ou Monte do Gozo

O nome do apóstolo difundiuse internacionalmente como topónimo: Santiago, creación galega difundida para todo o mundo hispánico, San Jaume, Jan Done Jakue, Saint - Jacques, San Giacomo...

Santiago chegou mesmo ao léxico común a través da voz chaqueta que deriva do francés jacquet, e desbótase que Compostela signifique "campo da estrela", e si "a ben composta".