Os abonos gratuítos de Renfe para o último cuadrimestre do ano entran en vigor esta sexta feira

Imaxe de arquivo dun tren de Renfe. (Foto: Europa Press)
Até o momento, a empresa pública expediu 240.000 novos abonos gratuítos para o próximos catro meses, segundo informou nun comunicado.

Os novos abonos gratuítos de Renfe para o terceiro cuadrimestre do ano entrarán en vigor esta sexta feira, 1 de setembro, sendo válidos até o próximo 31 de decembro de 2023.

Renfe reforzou os sistemas e puntos de información para lembrar ás persoas usuarias que deben adquirir os abonos gratuítos para o último cuadrimestre do ano, xa que os abonos actuais só se poden utilizar até esta quinta feira, 31 de agosto.

Até o momento, a empresa pública expediu 240.000 novos abonos gratuítos (140.000 de proximidade e 100.000 de Media Distancia) para o próximos catro meses, segundo informou nun comunicado.

Renfe lembra ás persoas usuarias que, para axilizar a tramitación e evitar esperas, a adquisición dos abonos é posíbel a través da app de proximidade Renfe, e no caso dos abonos de Media Distancia a través da web e o resto de canles de venda habituais (estacións ou máquinas autovenda).

Para adquirir o abono, aínda que é gratuíto, é necesario depositar unha fianza de 10 euros no caso de proximidade, e de 20 euros para cada servizo de Media Distancia convencional. O pago con tarxeta permitirá a devolución automática da fianza, unha vez se constate que se cumpriu a condición de realizar 16 desprazamentos durante estes catro meses.

Para crianzas

Para os crianzas menores de 14 anos sen DI, creouse, ademais, un abono recorrente para servizos de Media Distancia, que poderá ser adquirido en na web ou pola app de Renfe. O pai, a nai ou o titor poderán adquirir, por medio do seu NIF, NIE ou pasaporte, un máximo de catro abonos de crianza para unha orixe e destino, durante o período de validez.

Aos viaxeiros que utilizasen o abono gratuíto no segundo cuadrimestre de 2023 devolveráselles a fianza (de forma automática se se pagou con tarxeta), sempre que cumprisen as condicións do mesmo (realizar un mínimo 16 viaxes).

Para os servizos ferroviarios Avant manterase o desconto de 50% nos abonos, mesma rebaixa que se aplica a outros traxectos de alta velocidade que foron declarados Obrigación de Servizo Público (OSP) e que funcionan coas mesmas condicións que un Abono Avant.