A Mariña tamén arde

Imaxes de FB de Fernando Suárez

Varios incendios afectaron a unha área posta como exemplo de cultivo ordenado de eucalipto.

Só a chegada das agardadas chuvias impediron que os incendios desta cuarta feira na Mariña, nomeadamente o de Ribadeo, fosen a peor. Ribadeo, Xermade, Lourenzá... sufriron varios focos de lume que obrigaron intervir operativos de extinción. A Mariñá é posta como exemplo por parte da administración galega e de empresas como Ence de como o cultivo ‘ordenado’ e rendíbel do eucalipto é un eficaz parapeto contra os incendios. Porén, desta vez os incendios tamén afectaron á Mariña.

 

En Ribadeo o lume calcinou 25 hectáreas. O incendio orixinouse en Noceda, na parroquia da Devesa, a primeira hora da tarde, nunha zona onde recentemente se transplantaron eucaliptos. Esa mesma área ardera hai cinco ou seis anos. O forte vento que soprou (de máis de 80 quilómetros 7 hora) e a seca favoreceron que as lapas se fosen estendendo e dificultaba a extinción. O lume non ameazaba núcleos poboados mais avanzaba cara a A8. O esforzo do operativo que combateu o incendio e a chegada das chuvias evitou que estivésemos agora a falar dun gran incendio.

 

Non foi este o único lume na comarca nesas horas. Ardeu tamén en Lourenzá (na zona de Oural) e na parroquia de Lousada,  Xermade. Uns incendios nunha xornada na que tamén houbo lume en puntos como O Bolo ou Friol.