5 pratos galegos que podes facer na casa durante a corentena

5 pratos galegos que podes facer na casa durante a corentena
Pratos típicos galegos: Non quedes sen ideas na cociña durante a corentena

O coronavirus estanos a facer unha corentena bastante complicada. Aínda quedan moitos días e xa estamos adoecidos.

Os dias pasan e xa non sabemos nin como entretérmonos no noso tempo. É por iso que a moitos se nos dá por comer. Para algo temos unha gastronomía tan boa, non é?

Turismo rural na Galiza profunda: 7 lugares para perderse e desfrutar da natureza

 

Se de algo podemos presumir é da cantidade de pratos frescos e da calidade que temos na nosa Terra e que mellor momento que gozar con eles.

Por iso traemos unha lista dos 5 pratos típicos galegos que podes cociñar durante a corentena.

1. Polbo á feira

Prato típico galego onde os haxa. É un dos pratos máis coñecidos e copiados. 

Non presenta moita dificultade na súa preparación, pero agora xa que tes tempo, que menos que facer as cousas ben. Sí, xa sabes, golpealo as 33 veces que manda a tradición e fervelo nunha pota de cobre.

Poñemos unha chea de cachelos ben cocidiños, engadimos o polbo cocido cun pouco de sal gordo, aceite de oliva por riba e pementón doce ou picante...e xa estaría!

2. Empanada

Unha das enormes tradicións en Galiza chámase empanada. E usámola todo o ano, en calquera sitio, en calquera evento. 

Unha corentena coma esta é unha ocasión especial e non hai prato tipico galego más especial ca este. Permite tantas variacións que é imposíbel atopar a alguén a quen non lle gusten. 

Empanada de zorza, de pementos, de bacallau e pasas, de mexillóns, de luras, de atún ou bonito e pasas, de polbo, de zamburiñas e un longo etcétera. Non quedas con fame, iso seguro!

O auxe dos zocos: Artesanía tradicional galega con tinte contemporáneo

 

3. Lacón con grelos

Prato típico galego consistente onde os haxa. Na súa orixe era un prato típico de Entroido pero que se estendeaos longos invernos.

Para elaborar o famoso lacón con grelos necesitamos touciño, chourizo, cachelos e, por suposto, lacón e grelos. Durante a súa cocción adóitase usar graxa para conferirlle un sabor especial ao caldo. 

Unha receita  moi sinxela para os pouco amantes da cociña. Só consiste en cocer cada un dos ingredientes. E están boísimos!

4. Filloas

Todas sabemos que se poñemos unha filloa na nosa vida, todo irá mellor.

Os franceses teñen os seus crèpes e nós temos o prato típico galego máis delicioso, as nosas filloas. E vaia se son orixináis! Leite, fariña e ovos son os ingredientes principais pero podémolas facer soamente de leite ou de sangue. 

Tomámolas na sobremesa e ben doces con azucre. A receita é apta para toda esa xente tolerante á calor xa que non calquera mete os dedos na tixola para darlles a volta sen se queimar.

Cestería galega: Unha tradición que supera fronteiras e chega aos desfiles da moda

 

5. Bica galega

Na liña máis doce de pratos típicos galegos falamos da bica. Esponxosa por dentro e crocante por fóra grazas ó azucre esparexido pola superficie antes de metela ao forno.

Non hai unha receita concreta para a súa elaboración xa que, en función da zona, fanse distintas versións. Quizais por iso cada unha é especial.

Copiña de anís, un pouco de limón...nunca sabes cal é o toque tan especial de cada bica.

Podes elaborar cada un destes pratos e algúns admiten cambios segundo as tradicións ou receitas das avoas, pero o que está claro e que son ideais para, ademáis de entreternos e pasar o tempo, gozar mentras comemos!