5 meses, 25 mulleres asasinadas no Estado español pola violencia machista

Unha moza de 26 anos acoitelada en Araba, Euskal Herría, é a terceira morta que deixou o terrorismo machista no Estado español en menos de 48 horas


Asasinada a coiteladas. Unha muller de 26 anos tornouse esta quinta feira na terceira muller morta polo terrorismo machista no Estado español en menos de 48 horas, após os dous casos rexistrados nas localidades españolas de Córdoba e León. No que vai de ano, cinco meses, son 25 as asasinadas. 

O corpo sen vida desta veciña de Araba foi achado na vivenda que partillaba co seu compañeiro sentimental e o bebé fillo de amb@s. O home, de 49 anos, xa foi detido e na inspección do inmoble a policía científica localizou un coitelo de cociña, que identificou como a arma coa que se cometeu este asasinato machista. 

Helena, asasinada na Galiza

O único asasinato machista que se rexistrou este nao na Galiza aconteceu en Lugo no mes de abril. Un home matou a súa compañeira, Helena D., no domicilio que partillaban con catro fill@s de amb@s e vari@s familiares. En 2012 no País houbo cinco casos de terrorismo machista.