4.000 núcleos de poboación atópanse abandonados na Galiza

Aldea abandonada na Pontenova,comarca da Mariña. (Foto: Nós Diario).

O abandono do medio rural está a vista. O proceso vese favorecido pola falla de servizos públicos e unha continúa caída da actividade económica. O punto de arranque do mesmo sitúase no momento d integración do Estado español no  Mercado Común Europeo, antecedente da UE.

4.000 núcleos de poboación atópanse actualmente abandonados no conxunto da Galiza, que perdeu nos últimos 10 anos 102.000 habitantes, a maior parte deles naqueles zonas de tradicional especialización agraria.

As áreas de grande actividade agraria asisten a unha progresiva redución de servizos públicos, fechándose desde o 2010 até hoxe 110 escolas unitarias e recortándose de xeito moi considerábel a atención médica.

Ausencia de servizos básicos

As comarcas rurais concentran os peores servizos sanitarios. A un tempo, os centros de saúde carecen dun número importantes de especialistas, destacando para estas zonas os pediatras, e sofren os recortes comúns ao conxunto do sistema.

A superficie agraria útil (SAU) non deixou de diminuír nas últimas décadas. Así, a última enquisa sobre a estrutura das explotacións agrícolas, realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE), indica que a SAU da Galiza é de menos de 21%, fronte a 47% de media do Estado español e 40% dos territorios da Unión Europea.

A SAU tense reducido nas últimas tres décadas dun xeito moi considerábel, pasando de 748.000 hectáreas en 2002 a 621.000 en 2017, último ano do que existen rexistros oficiais. Neste sentido, resulta preocupante que Galiza só destine á produción alimentaria 3,9% da mesma.

Feche de explotacións

A caída da actividade económica no rural pódese seguir en diversas esferas. Nesta liña, merece un particular destaque o acontecido co complexo gandeiro, que segue a manterse como a columna vertebral da Galiza rural.

19.021 explotacións gandeiras fecharon na Galiza desde 2010. Se nesta altura, atopábase activas 45.268 explotacións en 2022, último ano con datos, situábase en 26.067 .  

A totalidade dos especialistas coinciden en afirmar que o proceso de reconversión deste sector aínda non esta remado, que está levando á concentración da produción láctea nunhas áreas moi determinadas da xeografía galega.