4 gotas di “adeus”

Tras 7 anos e medio de actividade, baixa a persiana a web que renovou a información meteorolóxica.

“Non sabemos si será un "adeus" ou un "ata logo", pero non queremos deixar pasar a oportunidade para agradecervos a vosa confianza.  A ilusión por montar 4gotas, non se apaga por ter que pechala. Coñecemos a moi boa xente nesta travesía, e iso é o que queda. Grazas a todos os que nos botástedes unha man nestes 7 anos e medio!”..

Así se despide a páxina ‘4 gotas’ tras case 8 anos de actividade e de información meteorolóxica.

“Grazas tamén aos nosos seguidores de redes sociais por superar os 17.000 seguidores na nosa conta de Twitter ou os case 6.000 en Facebook. Grazas por toda a difusión que nos destes!”