35.000 hectáreas arrasadas, máis do dobro do obxectivo do Pladiga-2017

Foto da parroquia de Chandebrito, na que se rexistaron as dúas primeiras vítimas mortais dos lumes.

Unha enormidade. En xuño a Xunta apresentou o Pladiga para esta campaña co obxectivo de non se superar as 15 mil hectáreas ardidas. Pois ben, esta fin de semana, a máis negra da historia recente do país, as lapas devoraron un total de 35.000 hectáreas, segundo informou, e non foi sen tempo, a Consellaría de Medio Rural.

35.500 hectáreas representa unha superficie arrasada polo lume máis do que o total acumulado dos anos 2014, 2015 e 2016.

 

A progresión de número de hectáreas ardidas nos últimos anos é francamente deprimente: das apenas 1.991 hectáreas calcinadas en 2014 ás 12.234 de 2005 até as 21.118 de 2016.

 

O obxectivo marcado polo Goberno galego no Pladiga era 15.000 hectáreas, así que nesta fin de semana máis que se duplicou esa cifra.

 

No que vai de ano arderon máis de 47.000 hectáreas, 12.600 até esta fin de semana e os 35.000 desta tráxica vaga de lumes.