2.628 prazas para 61 especialidades en Educación nunha convocatoria ás presas

Exame da oposición decorrida en xullo en Compostela. (Foto: Xunta da Galiza)
Mestres de Primaria e Infantil son os grupos máis numerosos 

A Consellaría de Educación convocou 2.628 prazas para as oposicións deste ano para 61 especialidades. O grupo máis numeroso é o do Ensino Secundario, con 1.171 prazas de 29 especialidades, desde Matemáticas (136 postos, o máis numeroso) a Portugués (4). Séguelle en importancia numérica a convocatoria de mestres e mestras e complétase con 300 postos de promoción interna.

"Non imos apoiar esta OPE (Oferta pública de emprego), pois non cumpre o que pediamos no seu momento: saber as prazas que corresponden verdadeiramente aos procesos que vai haber este ano", manifesta a Nós Diario Suso Bermello, secretario nacional de CIG-Ensino, o principal sindicato no ensino público galego.

O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellaría de Educación, Jesús Álvarez Bértolo, trasladou esta sexta feira os datos da convocatoria aos sindicatos. Mais non os convenceu. 

Todas as centrais presentes na xuntanza -CIG, UXT, CCOO, CIG, ANPE- mostraron o seu rexeitamento ao proceso, se ben desde posicionamentos non sempre coincidentes.

"Negociación seria"

Bermello asegurou que, na actual situación creada pola modificación que prepara o Ministerio -e que buscaría facilitar o acceso á función docente do persoal interino- e o anuncio da Consellaría, deberían pórse riba da mesa "todas as cifras que darán lugar aos diferentes procesos selectivos".

Na terza feira a Xunta anunciou que este ano fará dous procesos de acceso á función pública docente: un mediante o sistema tradicional e outro que se rexerá por concurso de méritos, este último previsto para o último trimestre de 2022. 

"O que esiximos á Xunta, con carácter inmediato, é coñecer os criterios dese concurso excepcional. Cando vexamos cantas prazas, avaliaremos o conxunto", insistiu. Unha decisión que, segundo explicou, débese a que, "nalgunhas especialidades, a cifra que se presenta nesta convocatoria é practicamente igual á dos interinos, polo que algunhas persoas poderían perder o seu posto de traballo". "Unha situación extraordinaria require unha negociación seria e global", resumiu.

Temporalidade

Pola súa parte, José Fuentes, de Comisións Obreiras, solicitou "o maior número de prazas posíbel" e seguir traballando en reducir a taxa de temporalidade, á vez que afirmou que "non se pode negociar a oferta tal e como a traen, sen datos globais".

Sandra Montero, de UXT, cualificou a convocatoria de "apresurada". "Sería máis lóxico esperar a que se publicase o Real decreto, sobre todo sabendo que a convocatoria afecta 2021 e 2022", explicou. 

Ademais, solicitan a eliminación da taxa de reposición, "o que permitiría a baixada de cocientes nas aulas, que ten un resultado positivo".

"Igual que o resto de compañeiros, pedimos que se nos acheguen todos os datos das prazas que se van a ver afectadas por ese real decreto, para que podamos facer un estudo e achegar aos docentes os datos globais", concluíu.

A ter en conta:

2.628

As prazas convocadas neste ano 2022 para as oposicións de Educación. 87% son de novo ingreso e as restantes de promoción interna.

950

Prazas para o corpo de mestres e mestras. Educación Primaria, 250, é a que maior número ofrece; seguida de Infantil, con 180.

1.171

Prazas para Ensino Secundario. Matemática (136), Inglés (125) e Lingua Galega e Literatura (115) son as que máis postos ofertan.

45

Prazas para as Escolas oficias de idiomas (EOI). O inglés (30) atesoura o maior número de prazas, mentres que para francés hai 7 e para galego, 6.

8

Son as prazas que saen nesta oposición para Artes Plásticas e Deseño.

144

Exceptuaranse desta convocatoria 144 prazas en total correspondentes ás especialidades do extinguido corpo de profesores técnicos de FP, segundo informou a Xunta.

7%

Como é normativo, reservarase unha cota de 7% do conxunto para seren cubertas por persoas cun grao de discapacidade igual ou su