Coronavirus Galiza: 2.569 casos activos menos, pero lixeiro repunte dos ingresos hospitalarios

Espazo para facer test Covid en Monforte, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
1.063 contaxios novos no último reporte da Consellaría de Sanidade.

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) contabiliza 25.970 casos activos na Galiza, despois de que baixasen en 2.569 con respecto á xornada anterior. Cos datos recollidos até as 18 horas deste domingo, tamén baixan os novos contaxios, xa que o último reporte, 1.063 contaxios , supón un descenso de 398 novos contaxios en relación ao anterior reporte.

Pola contra, o número de pacientes ingresados pola Covid-19 sufriu un lixeiro repunte, ao subir até as 598 as persoas que se atopan nun complexo hospitalario pola infección. Delas, 31 están nas Unidades de Coidados Intensivos (UCIS), o que supón unha persoa menos que na xornada anterior, mentres que 567 persoas seguen hospitalizadas en unidades convencionais. É dicir, 23 máis.  Os 25.372 casos activos restantes atópanse en seguimento domiciliario. En canto á taxa de positividade, aumenta lixeiramente até 13,7%.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta nas sete. En concreto, na de Santiago e Barbanza segue a haber seete pacientes Covid en UCI e suben a 88 os ingresados noutras unidades (seis máis); mentres que na da Coruña e Cee seguen oito en críticos e incrementa até 133 os doutras unidades (cinco máis). Na área sanitaria de Lugo mantense un paciente Covid en UCI e aumentan a 57 os ingresados noutras unidades (catro máis), mentres que na de Pontevedra e O Salnés redúcense a dous os críticos (un menos), pero aumentan a 83 os doutras unidades (tres máis).

Na de Ferrol mantense un ingresado en UCI e suben até 40 os hospitalizados noutras unidades (dous máis), e na de Vigo seguen cinco en críticos e suben a 89 os doutras unidades (dous más). Na área sanitaria de Ourense mantéñense sete pacientes hospitalizados en UCI s aumentan a 77 os pacientes Covid noutras unidades (dous máis).

Descenso dos casos activos

O descenso é xeralizado nas sete áreas sanitarias, coa da Coruña e Cee á cabeza (-582), seguida da de Santiago e Barbanza (-516), Vigo (-447), Ourense (-320), Lugo (-289), Pontevedra e O Salnés (-275) e Ferrol (-104).

 A área da Coruña, con 5.507 casos, segue a ser a que máis casos activos contabiliza; seguida da de Vigo, con 5.408; Santiago e Barbanza, con 4.536; Ourense, con 3.001; Lugo, con 2.921; Pontevedra e O Salnés, con 2.877, e a de Ferrol, con 1.440.

Segundo o último informe actualizado o pasado 18 de febrero polo Ministerio de Sanidade, a incidencia acumulada a 14 días na Galiza está en 1.500,31 casos por 100.000 habitantes.

Seguen a baixar os contaxios

Desde o comezo da pandemia contabilizáronse 487.460 novas infeccións, das que 115.585 corresponden á área de Vigo; 102.523, á da Coruña e Cee; 76.302, á de Santiago e Barbanza; 57.993, á de Ourense; 56.398, á de Pontevedra e O Salnés; 50.649 á de Lugo; y 27.462, á de Ferrol.

Na xornada deste domingo leváronse a cabo 2.890 PCR, que elevan a 3.671.626 as probas realizadas desde o inicio da pandemia na Galiza e 1.531 test de antíxenos, que suman 1.502.745.

Falecidos e curados

A Consellaría de Sanidade comunicou o falecemento dun home na área sanitaria da Coruña e Cee con patoloxías previas, o que eleva a 3.075 os finados pola Covid desde o comezo da pandemia.

En canto aos curados, desde o comezo desta crise sanitaria 458.468 personas superaron satisfactoriamente a Covid-19.