2.300 hectáreas despois, o incendio de Trabada dáse por extinguido

A veciñanza de Trabada colaborou na extinción do incendio (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
No dispositivo de extinción foron mobilizados (medios acumulados) en total 8 técnicos, 72 axentes, 114 brigadas, 78 motobombas, 3 pas, 1 tractor, 4 unidades técnicas de apoio, 6 avións e 3 helicópteros.

A Consellaría do Medio Rural informou nas últimas horas da extinción do incendio forestal que afectaba desde hai días principalmente o municipio de Trabada, na Mariña, despois de arrasar máis de 2.300 hectáreas de monte.

Segundo sinalaban fontes do departamento galego, o fogo (que se iniciou a pasada quinta feira) quedou extinguido pouco antes das 21 horas deste domingo, e a superficie total afectada polas chamas foi de 2.326 hectáreas, no seu maior parte, de monte arborizado.

No dispositivo de extinción foron mobilizados (medios acumulados) en total 8 técnicos, 72 axentes, 114 brigadas, 78 motobombas, 3 pas, 1 tractor, 4 unidades técnicas de apoio, 6 avións e 3 helicópteros.

Ademais destes medios, tamén se instalou un Posto de Mando Avanzado para coordinar as tarefas de extinción.

Alerta

Este incendio, que obrigou a activar a 'situación 2' de alerta pola proximidade do fogo a núcleos habitados, levou ao desaloxo dalgúns veciños, e a cortar o tráfico nun tramo da autoestrada A-8.

Ademais, as chamas 'saltaron' a zonas do municipio veciño de Ribadeo e outros concellos da Mariña.