18-A: xornada de loita contra o TTIP

[Imaxe stop-ttip.org]

A ambas marxes do Atlántico repetiranse sucesivas accións populares contra o Tratado de Libre Comercio que negocian EUA e a UE. Horas e lugares na Galiza no interior.

 

Esta será a primeira xornada de acción global contra o TTIP. Concentracións e actos convocados por unha ampla diversidade de movementos sociais, políticos e organizacións sindicais visan amosar o rexeitamento popular a un tratado que aínda está a ser negociado e do que se descoñece boa parte dos contidos que centran as roldas de negociación. 

Porén, após as filtracións á imprensa dalgúns rascuños dos documentos partillados polas partes negociadoras e da desclasificación do mandato negociador por parte do Consello europeo, evidenciouse que os distintos bloques que comporán o futuro acordo trasatlántico atinxirán servizos públicos fundamentais e mudarán o actual marco normativo en cuestións como a saúde alimentar ou os conflitos entre as empresas transnacionais e os estados. 

Neste senso, as organizacións, colectivos e movementos sociais convocantes desta xornada de loita alertan dos prexuízos sociais, económicos e laborais que carrexará a sinatura do TTIP --nas súas siglas en inglés. 

Neste senso, chaman a participar nas accións convocadas para este sábado.

Na Galiza as concentracións terán lugar nos seguintes lugares:

  • A Coruña : 12:00 horas diante da Subdelegación do Goberno.
  • Ferrol: 12:00 horas horas na Praza do Himno. 
  • Compostela : 11.30  horas na Praza de Galiza.
  • Lugo: 12:00 horas na Praza Maior.
  • Ourense: 11.30 horas diante da Subdelegación do Goberno.
  • Pontevedra : 20:00 horas na Praza da Peregrina.
  • Vilagarcía : 12:00 horas na Praza de Galiza
  • Vigo : Manifestación ás  20 horas, saída desde A Farola de Urzaiz.