13 das 26 persoas falecidas pola gripe na Galiza non estaban vacinadas

As persoas maiores de 60 anos constitúen un grupo de risco

De acordo con dados recollidos no noveno informe de "Vixilancia da gripe na Galiza", elaborado polo Sergas.

 

 

26 persoas falecidas. 406 hospitalizadas a día 11 de xaneiro (última actualización). Eses son os grandes números que deixa o pico de gripe que está a sofrer o país nas últimas semanas, segundo os dados recopilados polo Sergas.

 

Das 26 persoas falecidas un total de 13 non se vacinaran contra a gripe, embora en todos os casos estaba indicado que se protexeran contra o virus ao faceren parte dos grupos de risco.

 

Fan parte dos grupos de risco as persoas de 60 ou máis anos -especialmente as maiores de 65-, aquelas de calquera idade que residen en institucións fechadas (residencias de persoas maiores e outros centros de atención a crónicos), as mulleres grávidas en calquera trimestre de xestación e os individuos menores de 60 anos que teñan patoloxías de risco.

 

Este pico de gripe ten atinxido até o momento 844 persoas (declaradas sanitariamente como afectadas), das cais 68 por cento tiñan o virus da gripe B, 20 da gripe A e B e o resto, da A.

 

54 por cento das persoas ingresadas polo virus non se vacinaran.