13-A: Greve no ensino

[Imaxe GzFoto]

O estudantado galego está chamado a unha xornada de paro contra a LOMCE e o decreto 3+2, mais tamén na defensa do ensino público.

Esta cuarta feira (13 de abril) as organizacións estudantís convocan unha xornada de greve no ensino medio e a universidade. O chamamento foi lanzado por Erguer, Asemblea Nacional de folga e o Sindicato de estudantes, este último fai extensíbel o paro ao 14 de abril. 

No conxunto do país hai convocadas 18 mobilizacións, a meirande parte ás 12 horas. 

MANIFESTACIÓNS

  • A CORUÑA – Praza de Vigo
  • COMPOSTELA – Alameda
  • FERROL – Edificio da Xunta
  • LUGO – Praza do Seminario
  • PONTEVEDRA – Praza da Peregrina
  • OURENSE – Subdelegación de Goberno
  • MELIDE – IES de Melide
  • VIGO – Praza América

CONCENTRACIÓNS

  • CALDAS DE REIS – Carballeira
  • CANGAS DO MORRAZO – Casa do Concello
  • MOAÑA – Casa do Concello – Ás 11h
  • PONTEAREAS – diante dos institutos (r/ Feliciano Barrera)
  • VILAGARCÍA DE AROUSA – Praza de Galiza
  • RIBADEO – diante do IES de Ribadeo
  • CASTRO DE REI – diante do Instituto Xosé Trapero
  • RIBEIRA – estación de autobuses
  • O CARBALLIÑO – Praza Maior – Ás 20h
  • VERÍN – diante do IES Taboada Chivite

Para alén do rexeitamento á LOMCE, nomeadamente no ensino medio, e ao decreto 3+2, na universidade, as organizacións estudantís chaman a secundar a greve en defensa do ensino público e sitúan tamén no centro das súas reivindicacións cuestións concretas que atinxen os centros de ensino como a cobertura das prazas docentes, un maior horario de abertura das bibliotecas ou un transporte de calidade.