1 de marzo: A Mariña máis unha vez na defensa da súa área sanitaria

A Plataforma en defensa da sanidade pública da Mariña convoca a toda a veciñanza da comarca a unha gran manifestación esta quinta feira, 1 de marzo, na defensa da área sanitaria, cuxa supresión prevé a reforma do goberno de Feijóo da Lei de Saúde. A mobilización sairá do Hospital da Costa ás oito da tarde e ,tras percorrer as rúas de Burela, rematará na Praza do Concello , onde se dará lectura a un manifesto.

 


“Facemos un chamamento a todas as mariñás e mariñaos para que saian masivamente á rúa a defender a sanidade pública e rexeitar a supresión da área sanitaria da Mariña”, sinalan desde o colectivo. A Plataforma tamén fai un chamamento ao comercio para que peche un pouco antes do seu horario habitual, facilitando deste xeito a asistencia dos empregados e sumándose ás reivindicacións.

 

O paulatino aumento nas derivacións cara a Lugo que se ven dando desde que se implantou a EOXI no ano 2013, os datos sobre os tempos de agarda para consultas probas diagnósticas ou intervencións cirúrxicas, a sobrecarga á que se ten sometida a cadros de persoal insufientes… son algún dos argumentos expostos para secundar a movilización. E o principal: paralizar una reforma da Lei de saúde que “de  aprobarse eliminaría a área sanitaria da Mariña e pasaremos a ser pacientes de Lugo, aumentando os desprazamentos cara á capital para consultas, probas diagnósticas ou intervencións”.