CONCENTRACIÓN DE "OVELLAS" NO COLEXIO

O CEIP Pena Corneira mobilizouse contra os recortes

Os pais e nais souberon, de forma extraoficial (comunicoullo un inspector o xoves pasado), que dos sete docentes do CEIP Pena Corneira, Educación suprimiría tres. Perante este drástico recorte, a ANPA "O Carballo" e o alumnado deste colexio de Carballeda de Avia manifestáronse este mércores 20, para demostrar que @s cativ@s "non son un rabaño". Aquí temos un vídeo da concentración, feito por Xosé Bocixa para Tingalaranga .

@s cativ@s disfrazáronse de años para demostrar, precisamente, que non son ningún rabaño en mans da Consellaría de Educación, e a mobilización foi un éxito, congregando a moita xente da vila que se implicou para defender a escola. A ANPA de Pena Corneira contactou con outras asociacións de nais e pais doutros colexios da provincia ourensá, para coordinarse e iniciar accións de protesta conxuntas, fronte aos recortes quea Xunta prevé aplicar o próximo curso nas escolas dos concellos máis despoboados do país, algo que podería levar ao peche de moitos deles.