'Peche simbólico' da praza de touros de Pontevedra

Protesta antitaurina en Pontevedra
A asemblea cidadá 'Touradas Fóra de Pontevedra' realizou un peche simbólico da praza para protestar contra a salvaxe celebración. Tamén preparan unha manifestación para o día 11 de agosto.

"En Pontevedra non queremos touradas". Así de contundente é a afirmación de membros da asemblea ciudá 'Touradas Fóra de Pontevedra' que pecharon "de xeito simbólico" a porta do tendido 3 do Coso de San Roque de Pontevedra. O acto estivo aberto a toda persoa que quixo participar. Non é a primeira vez que se leva a cabo esta acción, xa será o cuarto ano consecutivo que empapelan cunha pequena faixa e mensaxes antitaurinos, este seu principal acceso.

"Realizamos deste xeito unha escenificación do que ocurrirá en poucos anos", asegura este colectivo, "cando as touradas na Galiza sexan prohibidas e os cosos sexan coliseos culturais, sociais e deportivos.

Non é a primeira vez que se leva a cabo esta acción, xa será o cuarto ano consecutivo


Manifestación
'Touradas Fóra de Pontevedra' convocou tamén unha manifestación para o día 1 de setembro ás 20 horas que sairá da Peregrina e percorrerá  Michelena,  Pr. España, Riestra, Oliva,  García Camba,  Glorieta Compostela,  Frei J. Navarrete, Joaquín Costa, Cobián Areal, Benito Corbal, Cobián Rofignac, Sarmiento e Pasantería para rematar outra vez na Peregrina.