O Vigo de 'Cantares gallegos'

O número 14 da rúa Real homenaxea a imprenta de Juan Compañel. (Foto: Concello de Vigo)
Non foi casualidade que Cantares gallegos se editase en Vigo. A cidade era un punto de referencia do liberalismo e da recuperación e dignificación da cultura galega. O seu ambiente intelectual e político propiciou que nos talleres da imprenta de Juan Compañel se imprimise o volume que marca o inicio do Rexurdimento literario. Malia o curto período que Rosalía morou na urbe olívica, a edición deste libro e a rede de relacións tecida arredor dos círculos liberais vigueses fai desta cidade unha parada ineludíbel no itinerario rosaliano.
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.