As aves son un termómetro que nos orienta sobre a temperatura da nosa saúde ecolóxica
Viaxeiras do inverno: Aves invernantes nas zonas húmidas galegas
As fronteiras están fechadas pola pandemia, pero a natureza non cesa de moverse. Millóns de aves, alleas aos esforzos dos humanos para conter o virus, percorren o mundo buscando lugares aptos para criar ou climas propicios para pasar o inverno. Ao rematar a tempada reprodutiva, un enorme continxente destas criaturas emprende o camiño cara a territorios temperados para evitar a escaseza de alimento derivada das baixas temperaturas nórdicas. E moitas delas escollen a Galiza como o lugar idóneo para esperar a que pase o frío, volver ás zonas de reprodución e comezar así un novo ciclo.
As aves tamén son un termómetro que nos orienta sobre a temperatura da nosa saúde ecolóxica: son o grupo animal máis doado de detectar e, xa que logo, un indicador de consulta relativamente sinxela…
Debes estar rexistrado para ler este contido
Se xa tes unha conta, inicia sesión
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.