Viaxe á biodiversidade mariña
A riqueza das augas galegas é unha gran descoñecida. De feito, o océano como ecosistema é, sen dúbida, a parte máis ignorada do noso planeta. Isidro Mariño embarcouse en 2011 nunha empresa que pretende mitigar esa ignorancia e mostrar algúns dos tesouros da costa de Galiza. Mariño é o capitán e patrón do Chasula, un barco de pesca de 1959 que desde hai nove anos organiza diferentes rutas polo mar de Arousa para observar aves e mamíferos mariños, principalmente, pero tamén para coñecer a xeografía, a xeoloxía e outros moitos aspectos socioculturais e medioambientais das rías e do mar aberto.
O Chasula xa ten, de seu, unha historia que o converte nun magnífico expoñente da historia marítima galega das últimas décadas. Trátase d unha das últimas tarrafas –un tipo de embarcación…
Debes estar rexistrado para ler este contido
Se xa tes unha conta, inicia sesión
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.