Primeiro de Maio

Loita sindical nos Estados Unidos: o caso de Amazon

Protesta do persoal traballador contra Amazon. / Fibonacci Blue
Nunha data como o 1º de maio, cómpre non esquecer as condicións dos traballadores e traballadoras arredor do mundo. Moitos medios de comunicación destacaban hai unhas semanas que un colectivo traballador de Amazon nos Estados Unidos rexeitou ter representación sindical. As novas eran unánimes en cualificar como sorpresa o resultado da votación. Porén, o realmente sorprendente sería que tivesen éxito. As normativas laboral e sindical e a potente "industria antisindical" estadounidense fan que moi raramente se consiga o recoñecemento dun sindicato no lugar de traballo. De feito, entre 2000 e 2018, unicamente o 9,8% dos intentos realizados resultaron positivos. 
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.