Emerxencia Cultural en Ourense

A lei do silencio en Auria

Hai unha cidade na Galiza onde a música, sen beneplácito municipal, só se pode escoitar desde os balcóns da veciñanza salvo pago dunha taxa; hai unha cidade na Galiza onde se disolven, Policía local mediante, recitais poéticos ao aire libre; hai unha cidade na Galiza de onde migran festivais de danza, de fotografía e onde está o único auditorio municipal fechado de todas as cidades galegas; e non, non falamos dunha cidade ocupada nun conflito bélico. O concello de Ourense perdeu na última década a súa banda municipal e deixou de financiar festivais de música clásica, de teatro e cinema mentres o seu alcalde busca a maneira de traer á cidade de Blanco Amor, en substitución do páramo, a Jennifer López. Nesta poboación, din artistas, axentes culturais, cidadás coas que puido conversar Sermos Galiza, a xente moza marcha e a que queda, avelléntase. Aquí, din, pérdese tecido de encontro e, de momento, non hai visos de cambio ningún. A veciñanza e artistas, mentres tanto, mobilízanse revivindo os espazos abandonados da cidade nun esforzo por resistir o baleiro.
LostregoNenoElliot2
photo_camera Acto de protesta por parte de Emerxencia Cultural Ourense.
O resultado do cómputo pode parecer un rutineiro desfile de esquelas, dos que aparecen pouco antes da hora de xantar nas emisoras locais, onde se lembra a asistencia á misa polo eterno descanso da…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en Reportaxes
Comentarios