García Barros volta á vida

Manuel García Barros, nunha foto de fins do século XIX. (Foto: Cedida)
Manuel García Barros, 'Ken Keirades' (Berres, A Estrada, 1876-Callobre, A Estrada, 1972), persoeiro que tivo que convivir, loitar e demostrar o seu compromiso con Galiza en todas as frontes e nas máis variadas etapas ao longo do seu case século de vida estaría mesmamente feliz e realizado coa reedición das súas dúas ultimas alfaias literarias ('Enredos' e 'Dos meus recordos') que veñen culminar aquel proxecto encetado en 2019 da reedición e edicións inéditas da súa obra completa e que foron presentadas a pasada quinta feira no concello da Estrada.
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.