Forma e forza: O mural da central do Eume
No corazón das fragas do Eume, seguindo a ribeira do río no límite dos concellos de Monfero e A Capela, atópase unha das obras máis singulares e descoñecidas da arte moderna, preservada discretamente no interior dunha hidroeléctrica construída a mediados do século pasado nas proximidades da antiga central de Ventureira. Se penetramos na sala de turbinas descubriremos o gran mural que o pintor, escultor e deseñador José María de Labra concibiu para ese emprazamento específico no ano 1960, coincidindo coa inauguración da nova instalación.
José María de Labra Suazo, un dos máis importantes creadores de arte abstracta do século pasado, naceu na cidade da Coruña en 1925 . Despois de formarse para perito mercantil, trasladouse a Madrid,…
Debes estar rexistrado para ler este contido
Se xa tes unha conta, inicia sesión
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.