Filmes sen fronteiras: Lois Patiño e Iván Castiñeiras

O Festival Internacional de Cinema de Rotterdam, a primeira gran cita cinéfila do ano en Europa, acolle outra vez máis a produción fílmica galega de calidade, a que ten opcións reais de ser exhibida en diversos países do mundo e recoller a atención da crítica máis influente. Se 2024 foi o ano de La Parra de Alberto Gracia, en 2025 fixéronlle oco ás longametraxes Ariel de Lois Patiño e Deuses de pedra de Iván Castiñeiras, películas as dúas rodadas maioritariamente en Portugal e con coprodución portuguesa.

Irene Escolar e Agustina Muñoz nun fotograma de Ariel, filme de Lois Patiño. (Foto: Filmika Galaika)
Irene Escolar e Agustina Muñoz nun fotograma de Ariel, filme de Lois Patiño. (Foto: Filmika Galaika)
Por orde cronolóxica, a primeira en darse a coñecer foi a de Lois, Ariel , dentro da sección non competitiva Harbour, un contedor moi amplo –case oitenta filmes– no que hai un bo número de estreas…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.
Comentarios