Deber de Baltar. A forza do compromiso

A exposición dispón oito espazos para abordar a historia da saga en oito capítulos temáticos que enchen o salón artesoado e a capela do Colexio de Fonseca.
Os Baltar eran como un cesto de cereixas. Tiras dunha e venche outra, e outra e outra máis. Así explica Pepe Barro, comisario da exposición Deber de Baltar, a relevancia, debido ao seu compromiso político, cultural e social, desta familia de médicos cuxa memoria recuperou Suso de Toro na novela Un señor elegante. O Colexio de Fonseca acolle até mediados de abril unha mostra na que pode seguirse o periplo durante un século de historia da Galiza desta saga coa que, di Barro, pode pintarse un fresco no que enseguida aparecen unha morea de persoeiros da política e da cultura do país. 
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.