Deber de Baltar. A forza do compromiso

Os Baltar eran como un cesto de cereixas. Tiras dunha e venche outra, e outra e outra máis. Así explica Pepe Barro, comisario da exposición Deber de Baltar, a relevancia, debido ao seu compromiso político, cultural e social, desta familia de médicos cuxa memoria recuperou Suso de Toro na novela Un señor elegante. O Colexio de Fonseca acolle até mediados de abril unha mostra na que pode seguirse o periplo durante un século de historia da Galiza desta saga coa que, di Barro, pode pintarse un fresco no que enseguida aparecen unha morea de persoeiros da política e da cultura do país. 
A exposición dispón oito espazos para abordar a historia da saga en oito capítulos temáticos que enchen o salón artesoado e a capela do Colexio de Fonseca.
photo_camera A exposición dispón oito espazos para abordar a historia da saga en oito capítulos temáticos que enchen o salón artesoado e a capela do Colexio de Fonseca.
Apuntaba Suso de Toro na entrevista concedida a Sermos Galiza con motivo da publicación de Un señor elegante que coñecer a andaina dos Baltar era importante porque axuda a mudar a percepción…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en Reportaxes
Comentarios