A Xunta só executa 1,5 por cento do orzamento para apoio ao alugueiro de vivenda

Das 12.000 persoas que optaron a esas axudas só se beneficiaron 350, denuncian desde o grupo parlamentar socialista.

Vivendas en alugueiro #aluguer #vivenda #piso #casa (Foto: Laura R. Cuba)
photo_camera Foto: Laura. R. Cuba

O goberno galego só executou 76.000 euros dos perto de 4,5 millóns previstos para os programas de alugueiro de vivendas. Un nivel de cumprimento que é de 1,5%. Dos 12.000 galegos e galegas que optaron a esas axudas apenas se beneficiaron 350. Son datos expostos pola portavoz  de Urbanismo do Grupo Socialista, María Pierres, nunha pregunta oral en Comisión.

A parlamentar advertiulle aos representantes da Xunta que “mentres que vostedes se comprometen no Parlamento a duplicar o parque de vivenda pública, a incapacidade económica dos nosos mozos para alugar ou comprar vivenda medra día a día”.

Denunciou tamén o “incomprensíbel de executar só 1,9 millóns de euros dos 14,2 previstos para vivendas públicas para a mocidade, reducindo a construción de vivendas en 87 por cento”.

Pierres afirma que “todas as políticas de vivenda, promoción de solo, construción, axudas e impulso ao aluguer” destes anos da Xunta, “fracasaron”.

Comentarios