A Xunta fixa o seu teito de gasto en 14.177 millóns para 2026

Nas previsións macroeconómicas, a Xunta prevé unha alza do Produto Interior Bruto (PIB) de 2,4%
miguel crgos arxina
Miguel Corgos esta sexta feira, 1 de agosto. (Foto: Arxina)

O Consello da Xunta deu esta sexta feira o visto e prace a un teito de gasto non financeiro de 14.177 millóns de euros para 2026, indicando que é 1,6% máis que o ano anterior.

En rolda de prensa tras Consello extraordinario para a aprobación do teito de gasto, o presidente galego, Alfonso Rueda destacou que "por primeira vez" supéranse os 14.000 millóns, no que cualifica de suba "ambiciosa pero ao mesmo tempo prudente".

Sinala que son unhas contas "realistas" para "non hipotecar" á gGaliz nun escenario nacional e internacional "incerto".

Nas previsións macroeconómicas, a Xunta prevé unha alza do Produto Interior Bruto (PIB) de 2,4% en 2025, unha décima máis do estimado. Haberá un crecemento máis moderado do PIB en 2026, de 1,9%. Mentres, pechará 2025 cun taxa do paro do 8,3%, unha cifra que baixará ao 7,8% en 2026.

(En actualización)

Comentarios