A Xunta entrégase á bandeira española o 12 de outubro
12 de outubro de 2019 (12:41 h.)
A fachada principal do edificio de San Caetano, en Compostela, anoiteceu onte cunha proxección dobre e xigante da bandeira española. É a maneira da Xunta de Galiza de celebrar o 12 de outubro, denominado “Fiesta Nacional de España” ou “Día de la Hispanidad” e que en realidade conmemora o inicio da invasión e colonización de América do Sur en 1492.
A acción do Goberno de Feixoo foi axiña obxecto de chufa nas redes sociais, que xeraron memes sobre o que o franquismo designou “Día de la Raza” coma este de @cascarelo: