A Xunta di que a avaliación ambiental de Altri "está bastante avanzada" e prevese a súa publicación entre final de ano e inicio de 2025
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lourenzá, informou de que a declaración de impacto ambiental do proxecto de Altri en Palas de Rei (A Ulloa) "está bastante avanzada", polo que se mantén a previsión da súa publicación entre final de ano e comezo de 2025.
"Sempre falamos de finais deste ano, primeiros de ano 2025, mais cando estea, estará; se se necesita un mes máis, non imos presionar a ninguén para que saia antes de tempo", afirma.
A preguntas da prensa en Compostela, tanto a conselleira de Economía como a de Medio Rural, María José Gómez, coincidiron en "deixar traballar" os técnicos para decidir se se autoriza ou non o proxecto, cunha tramitación "totalmente garantista". "Está a levar tanto tempo analizar o proxecto porque se está examinando en detalle", resalta Louenzá.
A continuación, a conselleira de Economía incidiu en que "non se pode presionar" os empregados públicos que realizan a súa tarefa desde a "imparcialidade" para avaliar "o maior proxecto industrial que se vai a instalar na Galiza nos últimos 50 anos".
