A Xunta advirte que irá ao Supremo polo repartimento do fondo Covid se o Estado non responde a solicitude

A Xunta insiste en que apelará ao Supremo no caso de que o Estado non acepte modificar a distribución dos fondos de emprego.
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana (a esquerda), nun acto en decembro de 2021. (Foto: Xoán Crespo)
photo_camera A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana (a esquerda), nun acto en decembro de 2021. (Foto: Xoán Crespo)

Unha vez cumprido un mes desde que a Xunta da Galiza enviou un requirimento ao Estado para solicitar un novo repartimento entre os territorios do fondo Covid, María Jesús Lourenzá, conselleira de Emprego e Igualdade, subliñou que de non obter resposta levarán a reclamación ao Tribunal Supremo.

“Imos agardar uns días e dar unha marxe amplo para ver se responde con certo criterio”, sinalou con respecto á medida do Goberno, aliñado coas demandas dos líderes territoriais do Partido Popular (PP), orientadas a cuestionar o uso dos fondos.

Porén, tanto a conselleira como o presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, sostiveron que a Administración galega non está a participar en ningún “boicot”.

Lourenzá incidiu en que a distribución proposta é “aleatoria” e “arbitraria”. Non obstante, defendeu que a actuación da Xunta foi “da máxima lealdade” e que “non temos ningunha intención de facer ruído con isto”.

Por iso, reiterou que até que “transcorra unha marxe prudencial”, ou ben un cambio de posición do Executivo estatal, encabezado por Pedro Sánchez (PSOE), non farán oficial o recurso no Supremo.

O debate arredor deste repartimento circunscríbese ás partidas relacionadas co emprego, após a autorización por parte da Unión Europea do primeiro treito do financiamento, de 19.036 millóns de euros.

Aposta do PP

Ademais das mocións presentada nos concellos polo PP, a nivel territorial o recurso de Feixoo chegou tras anunciar Isabel Díaz Ayuso que a Comunidade de Madrid optaría por esa vía, á que despois se sumaron Alfonso Fernández Mañueco (Castela e León) e Juan Manuel Moreno (Andalucía).

Comentarios