PABLO CRESPO SENTARá NO BANCO COMO ACUSADO

O xuíz Ruz abre xuízo oral á Gürtel e impón fianza ao PP

O partido terá que aboar 245.492 euros en concepto de fianza civil polos beneficios obtidos presuntamente da trama de corrupción. 

Até 40 persoas vencelladas ao Partido Popular sentarán no banco d@s acusad@s pola súa presunta implicación na trama Gürtel. Así o indica no auto publicado esta quinta feira (5 de marzo) o xuíz instrutor do caso, Pablo Ruz, quen ademais fixa unha fianza civil ao PP de 245.492 euros como posíbel beneficiario ilícito. A formación podería ser obrigada --de ser condenada-- a devolver o diñeiro percibido. 

Entre as persoas presuntamente beneficiarias atópase a ex-ministra de Sanidade, Ana Mato, que deberá abonar unha fianza de  28.467,53 euros. No banco de acusad@s sentarán Barcenas, Francisco Correa e Pablo Crespo --estes últimos como cabezas da trama-- que pagarán 88 millóns, 60 e 49 millóns de euros respectivamente. Todas as fianzas deberán ser depositadas no prazo de 10 días desde a súa notificación xudicial. 

Impútanselles delitos de suborno, prevaricación, tráfico de influencias, malversación de fondos públicos e blanqueo de capitais, entre outros delitos. Entre as persoas que serán xulgadas atópanse 3 extesoureiros do PP. A vista oral comezará, previsibelmente, a comezos de 2016.

Comentarios