sábado 29.02.2020

Villares insta Anova a que "ter en conta" que foi "excluída" dun acordo con Podemos nas eleccións estatais

O líder de En Marea cre que o partido morado "non é nin autonomista nin municipalista".

 

Villares lembra a Anova que foi "excluída" dun acordo con Podemos nas eleccións estatais

O portavoz de En Marea, Luís Villares, instou Anova a que "teña en conta o ocorrido nas últimas eleccións estatais ", cando, segundo o maxistrado en excedencia, as de Beiras foron "completamente excluídas" da coalición Galicia en Común, marca de Unidas Podemos na Galiza.

Fíxoo, en declaracións á Radio Galega esta sexta feira, no marco das conversas para a configuración das candidaturas ás elecións galegas cando falta menos dunha semana para que acabe o prazo para o rexistro das coalicións.

Villares apelou á "experiencia previa" de Anova nas súas relacións co partido que dirixe Antón Gómez-Reino, que confirmou que optará ás primarias para ser candidato á Presidencia da Xunta nas primarias de Podemos.

"Anova debería ter en conta o que pasou nas últimas eleccións xerais, que foron completamente excluídas", dixo o portavoz de En Marea.

Para Villares, Podemos "non é unha forza que se poida considerar especialmente autonomista nin tampouco se concibe como especialmente municipalista”.

Así, o líder de En Marea insiste en convidar Anova e as mareas municipais de Santiago (Compostela Aberta) e A Coruña (Marea Atlántica) a un "amplo acordo" para concorrer ás eleccións conxuntamente. "Os cidadáns de Galiza recibiríano dunha forma moi positiva", engadiu.

comentarios