[VÍDEO] Provocación do Exército español na manifestación do Día da Patria Galega

Os avións militares debuxaron no ceo as cores da bandeira española ao tempo que transcurría a manifestación do BNG.

provocacións exército

O equipo de acrobacias aéreas do exército español pintou no ceo unha bandeira española sobre os asistentes á manifestación do Día da Patria Galega, xerando os apupos e asubíos de miles de participantes na mobilización.

A exposición estaba prevista para o acto de ofrenda ao Apóstolo, que se celebrou coa participación do rei español Felipe VI co gallo do 25 de Xullo.

Os avións pasaron até en dúas ocasións por riba da mobilización do BNG, debuxando no ar as cores da bandeira de España. “Independencia”, “Que queiran que non, Galiza é unha nación” ou o cántico de “Galegas somos, galegas, seremos, por españolas nunca pasaremos” foi a resposta das manifestantes a esa ‘pasada’ dos avións.

O anuncio no seu día de que o exército español ía facer esta acción non paso desapercibido nas redes sociais: "De quen sería esa idea? No día de reafirmación da identidade da Galiza, onde millares de persoas se deslocan a Compostela para se manifestar e exixir respecto, o Exército español fará iso? Máis unha provocación a listar que só contribúe ao sentimento de independencia", sinala un usuario.

Comentarios