[VÍDEO] O BNG felicita as festas de Nadal cunha panxoliña cantada por Ana Pontón

A portavoz nacional e o músico e ex deputado Mini cantan "Falade ben baixo".

felicitación Nadal Ana Pontón
Mini e Pontón nun momento do vídeo. (Foto: BNG)

Xa é unha tradición desde hai uns anos que as diferentes formacións e organizacións políticas graven pequenis vídeos para felicitar as festas do Nadal.

Unha iniciativa na que tamén participa o BNG, nesya ocasión cun vídeo gravado na Alameda de Compostela onde a súa portavoz nacional, Ana Pontón, canta unha panxoliña tradicional galega, “Falade ben baixo”.

E faino nunha compaña inmelloràbel, a de Xosé L. Rivas 'Mini', ex deputado do BNG, músico e un dos nomes de refrencia na máusica galega, polo su paso por Fuxan os Ventos, A Quenlla, Mini e Mero.

“Falade ben baixo / petade pouquiño / pra que non esperte o noso ruliño” principia esta xcantiga tradicional galega. “Os fillos dos ricos /nas súas camas douradas/ e este noso pequeniño deitado nas pallas”, prosegue.

Comentarios