Rocío de Frutos, valedora de Pedro Sánchez

“Vexo Pilar Cancela como opción de futuro para o PSdeG”

Teno claro: o seu referente estatal é Pedro Sánchez e a súa opción para o PSdeG é... Pilar Cancela, a presidenta da xestora. Rocío de Frutos (Valladolid, 1967), deputada do PSdeG-PSOE no Congreso, é a protagonista da entrevista política do Sermos237. Votou non a Rajoy na sesión de investidura, o que a colocou extramuros da nova oficialidade susanista, e agora traballa para que Sánchez reconquiste Ferraz. Eis un extracto da conversa.

Rocío de Frutos
photo_camera Rocío de Frutos

Aínda que algunhas fontes situaban Pilar Cancela evoluíndo cara posicións máis próximas a Patxi López, Rocío de Frutos entende que a presidenta da xestora do PSdeG estivo e está perto de Pedro Sánchez.

-O PSdeG está a atravesar tamén unha situación de provisionalidade, pendente da realización do seu propio congreso e obviamente condicionado polo debate en curso na organización estatal. Nese contexto, a quen ves como opción de futuro para o PSdeG?

-Pois eu diría que Pilar Cancela. Primeiro polo aprezo que lle teño como persoa e como política. Eu se teño que apoiar a alguén, como estou a apoiar Pedro para a secretaría xeral, pois apoiaría Pilar Cancela para o PSdeG. Pero eu non teño cargo orgánico nin formo parte da estrutura orgánica. O meu voto vale o de calquera militante de base.

5-Non tes cargo orgánico agora pero poderías ter cargo orgánico no futuro, non?

-Nen teño cargo orgánico nen está dentro dos meus obxectivos profisionais [ri]. Nen dentro dos meus obxectivos vitais nen está dentro dos meus desexos. Non. Nen o teño nen o quero.

Acabo de emprender este novo ciclo da miña vida, como deputada, e o meu labor no Congreso encaixa moi ben co meu perfil de funcionaria pública [é inspectora de traballo], ten unha conexión moi directa co direito e coas relacións laborais, as sindicais, o mundo da seguridade social. Eu nesta configuración do traballo de deputada estou moi contenta e aí si que me vexo, non desde logo nas funcións orgánicas do partido.

[A íntegra desta entrevista, a dupla páxina, aparece no número 237 do semanario Sermos Galiza, disponíbel nos pontos de venda habituais e na nosa loxa]

Comentarios