POLÍTICA

Vence di que non se pode aceptar a “chantaxe” de Alcoa e reivindica unha tarifa eléctrica galega

Vence di que non se pode aceptar a “chantaxe” de Alcoa e reivindica unha tarifa eléctrica galega

O portavoz nacional do BNG e o portavoz parlamentar, Farncisco Jorquera, mantiveron un encontro na Coruña cos traballadores da factoría.

vence alcoa

Os portavoces nacional e parlamentar do BNG, Xavier Vence e Francisco Jorquera, mantiveron na Coruña unha xuntanza cos traballadores da factoría de Alcoa, acampados ás portas da factoría na defensa dos empregos ameazados pola Multinacional. “Non podemos soportar nin a chantaxe de Alcoa nin podemos comprender a indiferenza do Goberno central e da Xunta con respecto ao futuro da industria siderúrxica e do aluminio no noso país”, manifestou Vence.

O portavoz nacionalista lembrou que Galiza é produtora excedentaria de enerxía, exporta o 40% ao resto do Estado “a cambio de pagar un custe ambiental pero, lonxe de obter algún beneficio, paga a electricidade a prezos que duplican os de Alemaña ou Francia debido a un sistema “irracional” aos servizo do lobbie eléctrico”. Vence tamén lembrou que unha ducia de ex [email protected] dos gobernos do PP e do PSOE foron contratados polas grandes eléctricas.

O BNG reclama un “acordo urxente e rápido” antes de de que finalice o ano, “para garantir un prezo competitivo da electricidade similar ao que teñen as empresas doutros países europeos”.  “É inaceptable que o custe da enerxía eléctrica para as empresas en Galiza sexa o dobre que noutros países europeos e, polo tanto, compre unha decisión e unhas medidas urxentes para garantir o futuro de Alcoa, de Megasa e de todas as plantas intensivas en enerxía eléctrica que temos en todo o país”.

Vence subliñou que é posible “se hai capacidade negociadora da Xunta co goberno central, porque no País Vasco teñen unha tarifa diferenciada resultado da negociación. Por que en Galiza non?”.


 

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

comentarios