Urbaser chega aos 40 días de folga con críticas ao alcalde de Lugo e ao PSOE

A CIG afirma que non existen as supostas negociacións entre o concello e a empresa e que ambos só buscan “eternizar o conflito á espera de que a xenta ceda, algo que non está pasando, senón ao contrario”.

urbaser-crop
photo_camera Urbaser

Traballadores de Urbaser lamentaron este sábado, tras 40 días en folga, que o alcalde de Lugo, José López Orozco, e o da Deputación e líder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, non fagan "toda a forza" para finalizar a folga de lixo en Lugo.

O persoal concentrouse diante do Congreso provincial do PSOE en Lugo, onde tamén houbo apupos para Besteiro, líder do partido e presidente da Deputación

De feito, traballadores de Urbaser acudiron a manifestarse ante o Congreso provincial do PSOE en Lugo para reiterar o alcalde lucense que "poña todo o que ten que poñer" para sentar á empresa concesionaria do servizo de limpeza en Lugo á mesa de negociación, segundo indicou o secretario do comité de empresa, Julio Pacio. Na concentración foron especialmente apupados os alcaldes de Pol e A Pastoriza, aos que se chamou “esquirois” por ceder os seus camións para a recollida en Lugo.  

Desde a CIG consideran que Orozco e a empresa non están levando a cabo ningún tipo de negociación, en contra do que eles afirman publicamente, e que realmente o que buscan é que “alongar o conflito a ver se @s folguistas perden as forzas e desisten”, algo que, segundo o Secretario de Organización da central nacionalista en Lugo, Lois Neto, “non vai pasar como o demostra que as asembleas cada vez son máis masivas”.

Comentarios