áS 18.30 HORAS
A TVG retransmite hoxe un debate electoral entre as catro principais candidaturas
09 de decembro de 2015 (14:08 h.)
A Televisión de Galicia retransmite esta tarde un debate electoral con candidatos e candidatas das catro principais forzas políticas que concorren en Galiza o 20D.
O debate enceta ás 18.30 horas, dentro do programa de actualidade Área Pública. Unha banda horaria onde a audiencia da canle pública do país en contadas ocasións supera o 4% de share.
Participan en representación das súas formacións Carme Adán, por Nós Candidatura Galega; Antón Gómez-Reino, por En Marea; Pilar Cancela, polo PSdeG-PSOE, e Xosé Manuel Barreiro, polo Partido Popular.