Samuel Lago toma posesión como novo alcalde de Cambados

Samuel Lago, novo alcalde de Cambados. (Foto: Europa Press)
Substitúe na Alcaldía a Fátima Abal, quen o pasado sábado 8 anunciou que renunciaba ao cargo por razóns de saúde, aínda que permanecerá na corporación como concelleira.

Samuel Lago Ozón converteuse este sábado no novo alcalde de Cambados, nun pleno extraordinario celebrado ao mediodía, no que o candidato do PSdG obtivo 9 dos 17 votos dos concelleiros que compoñen a corporación.

A favor da súa candidatura votaron, ademais do seu propio grupo, os dous edís de Somos Cambados e os dous do BNG. En contra situáronse en Partido Popular e o único concelleiro de Cambados Pode.

Samuel Lago substitúe na Alcaldía a Fátima Abal, quen o pasado sábado 8 anunciou que renunciaba ao cargo por razóns de saúde, aínda que permanecerá na corporación como concelleira.

Após tomar posesión do bastón de mando, o novo rexedor cambadés sinalou que afronta esta nova etapa con toda a ilusión coa que se afrontan os grandes retos. "Con moitas ganas de facer o mellor para os veciños. Motivado e, honestamente, considero que tamén preparado", indicou.

 

O novo rexedor avanzou que este vai ser un goberno "progresista, galeguista e feminista.

 

"Traballar de maneira incansábel"

Lago manifestou tamén o seu compromiso de "traballar de maneira incansábel" para conseguir as maiores metas, para gobernar para todos, "escoitar a todo o mundo que teña algo que dicirme e axudar a quen o precise", antepondo sempre o interese xeral sobre o particular e os intereses de Cambados sobre os de calquera partido. "Sempre coa máxima honestidade, humildade e diálogo", engadiu.

O novo rexedor avanzou que este vai ser un goberno "progresista, galeguista e feminista. "E tamén transparente, social e sustentábel", apostilou.

Tamén avanzou o novo alcalde cambadés algúns dos proxectos nos que vai a focalizar a súa xestión. Entre eles destacou a execución da nova praza de abastos, a construción do novo cuartel da Garda Civil e a reforma da fachada litoral da ribeira de Fefiñáns. Aínda que engadiu que ademais destes grandes proxectos, "imos concentrar esforzos en dotar a toda a poboación dos servizos máis básicos e elementais, como son accesos dignos ás súas vivendas, o abastecemento de auga e unha rede de saneamento".

Outras das tarefas que subliñou o novo rexedor foron a conservación e mantemento dos centros escolares, os investimentos en reformas e equipamentos para instalacións deportivas e parques, e as re formas de prazas públicas como as de Fefiñáns, A Xuventude e San Gregorio.

"O turismo, a viticultura, a horticultura, a pesca, a acuicultura e as industrias de transformación destes produtos contarán co noso apoio para servir como locomotoras na recuperación económica", engadiu Lago.

 

No terreo da igualdade e a loita contra a violencia de xénero, o novo rexedor asegurou que o seu goberno manterá e potenciará as políticas activas de concienciación e de prevención.

 

Loita contra a violencia de xénero

No terreo da igualdade e a loita contra a violencia de xénero, o novo rexedor asegurou que o seu goberno manterá e potenciará as políticas activas de concienciación e de prevención.

Así mesmo, expúxose como obxectivo lograr que o resto das administracións colaboren e se impliquen no desenvolvemento de proxectos estratéxicos e na captación de fondos europeos. E, por suposto, concluíu, "imos recuperar a grandiosidade da festa do Albariño en canto a pandemia o permita".