Rueda nomea Marta Vilaverde nova conselleira do Mar e agradece a Vilares o seu "traballo e dedicación"
04 de xuño de 2025 (19:46 h.)
Marta Vilaverde era, desde abril de 2024 e até agora, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.
O presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, nomeou Marta Vilaverde Acuña como nova conselleira do Mar despois de que esta cuarta feira dimitise Alfonso Vilares tras serlle notificado polo Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) que está investigado nun proceso xudicial por unha presunta agresión sexual. Rueda agradeceu a Vilares o seu "traballo e dedicación" e desexoulle a "pronta resolución" da súa situación.
Marta Vilaverde era, desde abril de 2024 e até agora, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro. Previamente, e tamén na mesma Consellaría, foi subdirectora xeral de Pesca e Mercados da Pesca, de maio do 2019 a abril de 2023, e subdirectora xeral de Valorización dos Produtos do Mar, de abril de 2023 até abril de 2024.