Galiza tamén perdeu o tren europeu
Que Galiza non poida entrar até 2027 no Corredor Atlántico, módulo fulcral da rede transeuropea de transportes que conecta o sur e o norte de Europa, deixa o noso país na cuneta do desenvolvemento competitivo en Europa. Unha realidade na que o goberno español (por acción) e o galego (por omisión) teñen moito a ver. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 289.
Alberte González foi nun dos impulsores da Plataforma para o impulso da loxística do Noroeste, que naceu como unha especie de lobby para pular para que Galiza entrase no Corredor Atlántico. Fala, sen pelos na lingua, de “marxinación” e “desconexión” que para o noso país implica non estar nesa rede.
Cando Feijóo chegou á Xunta o seu primeiro conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, resaltaba a importancia de estar nesa rede. O corredor supoñía daquela para o PP a “posibilidade de vertebración dos principais portos de mercadorías galegos” a través dunha infraestrutura “que move unha media de 100 mil millóns de toneladas anuais de mercadorías; mentres que a poboación que representa é o 25% da poboación da zona euro”. Todo iso ficou en simples palabras.
[Podes ler a peza íntegra no número 289 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]