O PSdeG exixe a Rueda que faga público o acordo coa pasteira Altri
Igrexas pide á Xunta dar "carpetazo" ao proxecto
A portavoz de Industria do PSdeG, Patricia Igrexas, exixiu esta terza feira á Xunta da Galiza que faga público "dunha vez" o acordo "secreto" que mantén coa empresa Altri para a implantación dunha celulosa en Palas de Rei (A Ulloa). A responsábel socialista presentou unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamar ao Goberno galego que "dea carpetazo ao proxecto", sen indemnizar a empresa portuguesa. Igrexas reclamou que se sinale "o posíbel risco de responsabilidade patrimonial ou indemnización con cargo a fondos públicos" derivado da posíbel denegación do proxecto.
Aliás, a socialista instou o Executivo galego a ditar a resolución administrativa denegatoria do proxecto industrial, lembrando que "incumpre os requisitos de sustentabilidade ambiental, económica, técnica e social, segundo o Texto Refundido de 2015", o cal aproba as disposicións legais da Galiza en materia de política industrial. Neste sentido, chamou a Xunta a derrogar os artigos 85 e 86 do texto, que habilitan reclamacións as conseguintes indemnizacións polos proxectos industriais estratéxicos (PIE).