As promesas orzamentarias comprometidas e non gastadas polo goberno de Rajoy en Galiza suman 2.600 millóns de euros
Desde que Mariano Rajoy chegou ao goberno español (decembro de 2011) comprometéronse orzamentariamente para Galiza 2.590 millóns de euros que non foron gastados, non se executaron. É unhas das conclusións que o grupo parlamentar de En marea fai dos Orzamentos do Estado que foron presentados esta mesma semana. O portavoz Luís Villares e o deputado Manuel Lago non ven motivos para o “triunfalismo” de Núñez Feijóo para unas contas que En Marea considera “un auténtico bochorno para Galicia”.
Manuel Lago salientou que contaremos a nivel de Estado con estes orzamentos haberá por volta de 20.000 millóns de euros menos para financiar o gasto e investimento público e protección social. “Non é a recesión senón que estamos ante o proxecto ideolóxico da dereita conservadora do PP e a complicidade de Ciudadanos” denunciou Lago
Luís Villares indica que nos orzamentos estatais hai “unha baixada de investimentos, un empobrecemento nas pensións e do poder adquisitivo do funcionariado, ou a redución do nivel de investimento a niveis de hai 11 anos”. O portavoz de En Marea lamenta “ a falla de proxectos novos para o noso país e que sigan a presentar proxectos que veñen de 20 anos atrás” e critica que “en termos reais o investimento en Galiza é inferior ao de 1997, hai 20 anos”.